luns, 22 de maio de 2023

Máis recursos de Nico e Lúa!

 Boas rapazada, como facemos de cando en vez unha revisión dos recursos que imos atopando na web, recordámosvos que tedes á vosa disposición un banco destinado a alumnado e profesorado, podedes botar un ollo aos dous para atopar ferramentas que vos sexan de interese para os vosos traballos. 

Hoxe imos recomendarvos este resumo realizado por @evagamazo sobre 10 apps para crear vídeos de xeito gratuíto.

Agardamos que sexan do voso interese!