Hoxe, 2 de maio, conmemórase o Día Contra o Acoso Escolar. Nico e Lúa queren recordarvos que está nas nosas mans facelo e que dende o Equipo TIC do cole sempre vos botarán unha man para axudarvos.
Non caledes, non sexades cómplices, no fagades coma quen non o está vendo... sede valentes e axudade aos nenos e nenas que, ao mellor, non son capaces de falar.
Confiamos en vós e sabemos que nos axudaredes nesta tarefa tan importante!
Non estades sós e soas nisto, xa veredes cantas persoas coñecidas queren frear o acoso escolar, animádevos a facer clic nos seguintes enlaces: