mércores, 7 de xuño de 2023

Novas de Formación e Recursos!

 Boas rapazada e profesorado, aquí Lúa e Nico non descansan nin nesta recta final de curso!

Hoxe no noso centro estivo ofrecendo un curso o noso asesor TIC relacionado co funcionamento dos Paneis Dixitais Interactivos que xa temos nas nosas aulas.

Como sabemos que é de interese para moitas e moitos, tanto profesorado coma alumnado, deixámosvos por aquí un enlace moi interesante sobre o seu funcionamento.

Se facedes clic nesta imaxe dun dos nosos novos Paneis Dixitais Interactivos, poderedes acceder de xeito directo a toda a información relacionada con esta nova ferramenta.


Por se precisades información sobre outros moitos aspectos en relación coas TIC do noso centro educativo, deixámosvos na seguinte imaxe o enlace a múltiples titoriais que poden ser de utilidade.


Moito ánimo nesta recta final do curso!!!

Unha aperta moi forte de Lúa e Nico,

Esperámosvos na aula TIC!!!