martes, 29 de novembro de 2022

Día das Diferentes Capacidades

O día 3 de decembro conmemórase o Día da Discapacidade ou, como nos gusta dicilo no colexio de Tebra, o Día das Diferentes Capacidades.

Lúa e Nico pregúntanse se vós tedes a capacidade de voar coma as abellas, podedes facelo?

Pois elas si! Pero encantaríalle poder aprender moitas cousas nun cole, como facedes vós. A que sodes moi diferentes a Lúa e Nico?

Diso se trata! Este día celebramos que todos e todas temos múltiples capacidades. Pero, sobre todo, que debemos respectar a todas as persoas, independentemente da súa casuística.

Dende as aulas, veremos estes tres vídeos e faremos un coloquio sobre eles. Será moi importante esta segunda parte, pois... no polideportivo agárdavos unha sorpresa para as últimas sesións do día!

El sueño de Pedro

  

Ian

  

El circo de las mariposas

 

 

Lúa e Nico queren recordarvos que...

"Todas e todos somos diferentes no noso voo, pero temos o mesmo dereito a voar!"