luns, 30 de xaneiro de 2023

DÍA DA PAZ - 30 DE XANEIRO

 Bo día rapazada! 

Hoxe estamos ante unha xornada moi especial, pois conmemórase o Día da Paz no noso centro.

Lúa e Nico anímanvos a gozar dun tempo de lecer se probades os enlaces que ten a seguinte presentación de genially.

Recordade tamén que queren ver moi bonito ese mural á entrada da aula TIC coas persoas que escollestes para investigar neste día. Facédeo xenial!

Desexamos dende o equipo TIC que todas as nenas e nenos do mundo gocen do seu dereito  a vivir nunha sociedade na que se respire paz, amor e moita ledicia.

Dicía Teresa de Calcuta que "A paz comeza cun sorriso" e animámosvos a facelo dende agora mesmo.