luns, 1 de abril de 2024

2 de abril Día Mundial de Concienciación sobre el Autismo


mércores, 6 de marzo de 2024

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Feliz Día da Muller 2024!

martes, 6 de febreiro de 2024

Día da Internet Segura

 Bo día rapazada, saudámosvos Lúa e Nico xa que hoxe estamos nun dos días máis especiais para nós.

Sabedes que na aula TIC hai moitos perigos, e non só dentro dela, senón tamén nas vosas casas, no móbiles dos vosos familiares,... en definitiva, en todos os lugares con acceso á rede.

Pois o día de hoxe conmemórase o Día da Internet Segura. Recordades cando as vosas mestras vos falan de que hai que ter coidado co que publicamos, coas páxinas que consultamos, así coma coa información que facilitamos.

Para ofrecervos unha axuda, imos propoñervos que consultedes a web do Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), dende onde nos propoñen para este día uns obradoiros interactivos moi interesantes. 

Podedes facer "clic" na imaxe que aparece nesta publicación e xa vos levarán á web da que vos falamos.

Pedídelle ás vosas mestras que vos axuden a facelos e...recordade... SEMPRE QUE ENTREDES NA REDE QUE SEXA CON SUPERVISIÓN DUNHA PERSOA ADULTA!

martes, 23 de xaneiro de 2024

 Como cada 30 de xaneiro conmemoramos  o Día Escolar da Non Violencia e a Paz